21 de dec. de 2019

A VISITA DOS REIS MAGOS

Aquí deixamos o resumo da visita dos Reis Magos de Oriente ao noso cole. Grazas por compartir un chisco do voso tempo con nós!







19 de dec. de 2019

Visita do carteiro en 1º e 2º

Esta semana recibimos a visita de Miguel, un carteiro de Moaña.
Fixémoslle moitas preguntas e aprendemos unha chea de cousas relacionadas co seu traballo. 
Moitas grazas Miguel por dedicarnos un pouquiño do teu tempo.




FELICITACIÓN DE NADAL DO ALUMNADO DE 2º CURSO


Os nenos e nenas de 2º desexámosvos unhas felices festas!


Felicitación de Nadal de Primeiro

A clase de primeiro quere compartir con todas as familias e personas achegadas,  a súa mensaxe  de Nadal.



XOGAMOS COA REALIDADE AUMENTADA NA AULA DE 2º

Hoxe, o alumnado de 2º de primaria coñeceu a aplicación WAFTY a través dun xogo.
Tiñamos que adiviñar o debuxo que un compañeiro ou compañeira facía na tablet con esta aplicación de realidade aumentada e avanzar nas casiñas do taboleiro. Gustounos moitísimo e pasámolo xenial!











9 de dec. de 2019

CREAMOS UN VIDEOXOGO EN 2°




Os nenos e nenas de 2° aprenderon a crear videoxogos de plataforma coa aplicación DRAW YOUR GAME. Gustoulles moito!



2 de dec. de 2019

Proxecto Dragón de Komodo

As nenas e nenos de 2º estivemos investigando sobre o Dragón de Komodo e xa sabemos unha chea de cousas. 
A semana pasada compartimos todo o que aprendemos cos compañeiros e compañeiras da clase de 3º

30 de nov. de 2019

Medimos en 2º



27 de nov. de 2019

Artur e Clementina na clase de 2º

Este luns contamos na clase de 2º un conto titulado "Artur e Clementina", unha historia que nos lembra a importancia de facer actividades relacionadas coa coeducación e a igualdade.






CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Onte celebramos o Día Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres no cole.  Falamos moito do tema nas aulas e elaboramos, entre todo o alumnado do cole un mural, o cal fomos decorando con diversas cores e bolboretas.






19 de nov. de 2019

A clase de primeiro

A clase de primeiro explícanos como é a súa aula e como se organizan nela.

12 de nov. de 2019

XOGOS POPULARES EN EDUCACIÓN FÍSICA

Este trimestre, en Educación Física, comezamos coa práctica dos Xogos Populares e Tradicionais de Galicia. Deixamos un resumo dos mesmos en imaxes e vídeos.



1 de nov. de 2019

Samaín en 2º

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración na decoración destas fermosas cabazas.





30 de out. de 2019

Samaín

O alumnado de primeiro celebra o samaín póndolle nome  as cabaza que prepararon.




29 de out. de 2019

O Escornabot para aprender adiviñas de outono en 2° de primaria

O alumnado de 2º de primaria estivo traballando sobre algunhas  adiviñas do outono dunha maneira moi divertida, cos Escornabots! Encantoulles!!
Aproveitando unha saída a contorna de Chan da Arquiña, traballaron contidos como a lectura compartida, a grafomotricidade, o cooperativismo, o xogo en equipo....
O obxectivo principal foi traballar a expresión oral dunha maneira lúdica.









28 de out. de 2019

Saída a Chan da Arquiña

O venres, día 11 de outubro, o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria realizamos a nosa primeira saída deste curso. 
Foi a Chan da Arquiña e gozamos dunha fermosa paisaxe de outono.





17 de out. de 2019

Refráns na clase de 2º

Este curso o alumnado de 2º está investigando sobre os refráns relacionados cos meses do ano. 
As familias están colaborando con nós e cada mes compartimos as nosas investigacións co resto do
alumnado do colexio. 
Aquí vos deixamos as fotos dos refráns de setembro. 
Moitas grazas ás familias por colaborar neste interesante traballo.






9 de out. de 2019

O saúdo da aula de 2°

Aquí se presentan os nenos e nenas de 2° curso.





8 de out. de 2019

Presentacións!

As clases de primeiro e segundo curso preséntanse cos seus mellores sorrisos. 

Esperamos pasar un marabilloso curso!

Nenos e nenas da clase de segundo. En total son 20.

Son 16 persoas. Oito nenas e oito nenos.


26 de xuño de 2019

As pencas de Dopi


 O xoves día 20 de xuño, Águeda viu lernos un conto. Tratábase da historia de Dopi, un dragón con lunares, e da viaxe que fixo para entender que todos somos diferentes e que estas diferenzas son as que nos fan ser únicos.
Este era a primeira historia dun libro titulado "Emociones con cuento".





Moitas grazas, Águeda! 



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas