23 de abr. de 2010

Mulleres e ciencia

Hoxe recibimos carta de Paco
Queridos nenos e nenas:
Gustame moito a exposición de mulleres científicas que temos no cole.
Pero teño curiosidade por saber unha cousa:

Para primeiro:

Que inventou Bette Nesmith Graham?

Para segundo:

Que inventou Beulah Henry?

Cando o saibades, podedes facerme un cartel deses bonitos que sabedes facer vós ?.
E que quero presumir diante dos meus amigos do ben que traballades e investigades!!!
Este curso estamos traballando moito.
Por eso teño gardado un agasallo para toooooooodos vós.
Espero que vos guste!!!

Entrade na páxina de recursos para investigar:




22 de abr. de 2010

A noticia!!


Na aula de 2º estamos aprendendo como se elabora unha noticia. Entre todos fixemos unha.


"UN PRÍNCIPE DOUTRO PLANETA"

Onte chegou un príncipe á cidade.

Era un neno extraño, de pelo loiro e mirada bonita e melancólica.

Ao mirar o noso planeta dixo:

-" Este planeta é inmenso, precioso e cheo de nenos para xogar."

(Traballo plástico realizado por Daniela)

26 de mar. de 2010

Contos de vento e de nunca acabar


O luns 8 de marzo a clase de 2º rematamos de ler un libro de poesías que se titula


" Contos de vento e de nunca acabar" de Antón Cortizas.


Gustounos moito porque tiña poesías divertidas e que rimaban moito. (Debuxo de Alvaro)

11 de mar. de 2010

SENTADOS Á MESA


As nenas e nenos de PRIMEIRO, ao rematar de traballar co tema da alimentación, compartiron un pequeno menú elaborado con productos naturais, saborosos e nutririvos (patacas, ovos caseiros, tenreira, tomates, aceite de oliva e laranxas)


Esta actividade programouse para poñer en práctica a autonomía e iniciativa personal dos nenos, aprendendo a colocar, usar e recoller os útiles necesarios para o consumo dos alimentos, sen esquecer a hixiene.


A tortilla, os filetitos, o tomate e as laranxas resultaron apetitosos para case todos.

9 de mar. de 2010

A ARAÑA PIRULETA


Había unha vez unha araña que se chamaba Piruleta e sempre estaba moi leda.


Un día foi a casa da súa amiga Carolina que sempre estaba triste.


De súpeto, Piruleta tivo unha idea, ía facer rir a Carolina.


Entón Piruleta comenzou a facerlle cochegas e a contar chistes.


Carolina pasábao pipa e ría a gargalladas e sen parar.


Ao final celebrárono cunha tarta de moscas con chocolate e xogando xuntas.


E colorete, colorín

este conto marchou nun chimpín. (Autores: clase de 2º Ilustración: Ainhoa)

2 de mar. de 2010

O ESQUIMÓ E O OSO




Había unha vez un esquimó que vivía nun iglú tan pequeno, tan pequeno, que tivo que marchar e decidiu irse a Alaska.




De camiño a Alaska atopouse cun oso polar branco que tamén ía de camiño a Alaska.




De súpeto, ao oso entroulle a fame e mirou ao esquimó con ollos golosos.




Pero como o esquimó era moi intelixente tivo unha idea:




- Se non me comes, candon cheguemos a Alaska montarei unha pescadería e poderás comer todo o peixe que queiras.




Ao final o oso non comeu ao esquimó.




E colorín, colorado,

este conto está rematado. (autores: alumnado 2º Ilustración: Yoel)

26 de feb. de 2010

EL CASTILLO DE ZAMPACHICHA MIAUMIAU


26/02/10

Onte rematamos de ler un libro de Gerónimo Stilton.


Era de fantasmas, momias, bruxas e vampiros que estaban no castelo de Zampachicha Miaumiau.


Gerónimo Stilton tiña moito medo e dicía seguido que quería estar na súa casa.


Ao final... se ledes o libro, saberedes o que pasou.


A nós gustounos moito

19 de feb. de 2010

Un conto de Entroido




Había unha vez uns nenos que fixeron un disfraz para o Entroido e decidiron disfrazarse de pallasos.

De súpeto, en mitade da festa apareceu un crocodilo e os nenos asustáronse.

Entón decidiron facerse amigos.

Ao final ensinaron ao crocodilo a facer malabares coa cola.

E colorín, colorado
Este conto está rematado.


(Autores: alumnos de 2º. Ilustración: María)

25 de xan. de 2010

Xa rematamos o libro


Os de segundo xa rematamos de ler "Lecturas para dormir a una princesa"

18 de xan. de 2010

Xoga cos números

Xoga cos números perdidos. Imos empezar coas sumas.
Preme na imaxe, e dalle á pantalla grande, para traballar mellor.

22 de dec. de 2009

Papá Noel

Hoxe foi un día moi especial.
Primeiro tomamos chocolate con churros, e logo veu Papá Noel.
Trouxo un xogo e un libro para cada clase.
Aquí está na clase de primeiro.


E aquí está na clase de segundo:

15 de dec. de 2009

Ultima hora

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

30 de nov. de 2009

Poesía de outono


Ola familias,

aquí estamos de novo cunha poesía que inventamos.

É sobre o outono que pronto rematará.

Esperamos que vos guste!!

-----------------------------------------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------
Verde...
a folla da primavera verde,
a come o verme.
Vermella...
a folla vermella,
fai a súa cama a ovella.
Amarela...
a folla amarela,
a nena xoga con ela.
Marrón...
a folla de outono marrón
é da cor do turrón.
Chove moito, chove moito.
Choven follas, choven castañas,
choven cabazas, paraugas.
Chove moito, chove moito.
Choven gatos, choven cans,
choven árbores e bastóns de gominola.
Chove moito, chove moito.
Choven churros con chocolate quente,
choven pelotas,
choven orellas de galleta e ollos que te miran.
Chove moito, chove moito.
Choven asubíos
e choven historias e contos viaxeiros,
choven nenos e nenas.
Chove moito, chove moito.

22 de nov. de 2009

Rosa Caramelo

Vemos esta Webquest para traballar sobre o libro "Rosa Caramelo" .Primeiro debedes ler o conto, e logo...a traballar!!!






19 de nov. de 2009

Boa letra

Imos a practicar a caligrafía:
Clica no debuxo e pinta no encerado. Procura facer boa letra!!






6 de nov. de 2009

Carta de Paco


Hoxe recibimos carta de Paco. Quere que lle axudemos. Faínos unhas preguntas un pouco difíciles, pero os profes vannos axudar.
Os nenos e nenas de primeiro temos que buscar que é un TELESCOPIO, e despois debuxar un moi bonito e moi grande.
Aos nenos e nenas de segundo tócalles debuxar o SISTEMA SOLAR.
Todas as clases teñen que facer algo, e logo imos xuntar o traballo de todos e así imos aprender uns dos outros.

1 de nov. de 2009

Repasamos o aprendido

Xoga e le. Pulsa a imaxe:

(Vía Ceip Manuel Fraga-Cariño)

28 de out. de 2009

As normas da clase de segundo





........................................................................

27 de out. de 2009

O corpo humano

Como estamos aprendendo cousas do corpo humano, imos xogar. Preme na imaxe e xoga:



16 de out. de 2009

Lemos un conto?

Queres saber que está a ler Paco? Pon o rato enriba, e verás,...


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas