9 de xan. de 2015

Casas curiosas

Andivemos investiganto sobre  tipos de casas e atopamos casas moi curiosas, este foi o noso traballo:


8 de xan. de 2015

A festa de Nadal en 2º

O último día de clase do 1º trimestre toda a clase estaba moi nerviosa pola chegada das vacacións de Nadal. Tivemos clase normal ata as 11; pero, non parabamos de preguntar cando tomaríamos o colacao con churros e virían os Reis Magos (escolares) a visitarnos. Para preparar a merenda tivemos a axuda de 2 compañeiras e 1 compañeiro de 6º que organizaron toda a mesa ata que se foron á súa clase a tomar a súa merenda. Fixéronno moi ben, a profe tivo máis tempo para nós e mentres xogamos por toda a aula co material que case nunca nos dá tempo a usar.

 

12 de dec. de 2014

1º e 2º desexa un Bo Nadal!!!!

Os nenos e nenas de primeiro e segundo, pintaron unha postal de felicitación das festas.








8 de dec. de 2014

1º e 2º na Fundación Barrié

O martes 2 de decembro as clases  de 1º e 2º fomos de excursión a Vigo á Fundación Barrié. Antes merendamos e xogamos nun parque infantil moi grande e despois subimos polas rúas de Vigo ata o edificio da fundación.



As monitoras ensináronnos  as salas dedicadas á exposición " Os pláticos na vida cotiá " e faláronnos do uso do plástico. Tamén, nos convertemos en arqueólogas e arqueólogos do futuro observando e debuxando restos de plásticos recollidos na praia.






Na clase traballamos sobre o que nos contaron e vimos e puxémolo en papel.







30 de nov. de 2014

Como nacemos

Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!

 

16 de nov. de 2014

O Samaín en 2º

En 2º estamos moi contentas e contentos coas cabazas adornadas.  

12 de nov. de 2014

2º e o día da ciencia

O 4 de novembro está dedicado a celebrar o día da ciencia e para celebralo as clases de 5º e de 6º fixeron experimentos que logo mostraron ao resto das clases. A nós e a 6º ensináronnos os seus as alumnas Henar, Aldara e Xoana. Baixamos á biblioteca e demostraron como pinchar un globo sen que estoupe, como conseguir que a pementa fuxa e como conseguir neve artificial. Estivemos todas e todos atentísimos porque foi moi interesante e porque o fixeron moi ben. As fotos serven de proba.








4 de nov. de 2014

Educación vial en E.F.

Os nenos e nenas de 6º de infantil e 1º de primaria aprenderon sobre os sinais de tráfico nunha sesión de E.F. Convertíronse en coches, motos, bicis.... Foi moi divertido.



3 de nov. de 2014

O RECREO CON CHUVA EN 2º

O luns 3 de novembro choveu  toda a mañá. Xa non pasamos calor na aula; pero, non puidemos saír ao patio porque a chuva e o  vento non pararon. A toda a clase lle encanta pasar o tempo de recreo xogando na aula. Aínda que a profe di que é mellor saír a airearnos, de vez en cando é divertido. A profe sacounos fotos.









22 de out. de 2014

A clase de 1º coñecemos a Antón Patiño

O martes 14 estivemos no Museo do Mar.
No museo estivemos con Antón Patiño.
Despois merendamos en Samil.
Ao final voltamos ao cole.


Antes de facer a excursión estivemos recordando con Mayca todo o que aprendemos de Antón Patiño o ano anterior.


20 de out. de 2014

Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos traballando unha gráfica con recomendacións de merendas saudables e nutritivas, moi boas para o crecemento.
Aquí tedes unha foto dela.

13 de out. de 2014

Proxecto Antón Patiño

Mañá martes imos visitar a exposición de Antón Patiño  e visitar o Museo do Mar, en Vigo.
Este é o proxecto que fixemos sobre Antón Patiño cando estabamos en Infantil:


12 de out. de 2014

2º fai unha plantación na aula

A profe Merchi trouxo moitas landras e na súa clase fixeron unha plantación delas. Como tiñan tantas regaláronnolas a 1º e 2º e tamén, buscamos as que poidemos no patio de atrás do cole. Avisounos de que tiñamos que deixalas en remollo para ver cales servían e cales non: só nos quedariamos coas que non flotaran. O día do plantío fomos por grupos ao fondo da aula para facelo. Cando acabamos levamos a nosa horta portátil a un sitio fresco e escuro porque  o necesitan e a nosa aula é moi quente. 












Gustounos moito o contacto coa terra e isto é o que sentimos:

Sentín un frescor.
A terra estaba un pouco mollada e era suave. 
Notei as burbullas brancas que se vían polo medio.
Daban ganas de tocala para sempre.
Estaba negra.
Era como se a miña man tocara algodón.
Daba gustiño tocala, como se acariñara a un canciño ou a un gatiño.
Tan agradable era que quedou toda aplastada e apretada.

Ao cabo dunha semana a profe subiu as dúas caixas de plástico nas que se meteron as nosas macetas de reciclaxe( os tetra-brick) e despois de fixarnos ben comprobamos que non cambiara nada. A pesar de que algún ou algunha xa vía raíces subindo e talos medrando. 
Chegou xaneiro e fomos ver como estaba a nosa plantación. Subimos as caixas á nosa aula e deixámolas estar para ver como medraban as plantas. Van pasando os días e xa hai mini árbores con follas. Outras macetas aínda non teñen nada e hainas que xa comezan a mostrar un talo. 
As fotos coas macetas sacámolas o 3 de febreiro.



  Por fin, levamos para casa as nosas árbores para poñelas en macetas máis grandes e despois plantalas no monte ou nunha veiga que teñamos. 

Ata outra!




2º e os ollos

Estamos a traballar en Coñecemento O corpo. Preguntámonos uns a outros pola cor dos ollos  e tamén ás nosas mestras María e María. Este foi o resultado despois de facer o reconto entre toda a clase. Pero, houbo algunha cor que tivemos que revisar entre todos porque non estabamos de acordo. 
Eramos 27 a contar: 7 nenas e nenos teñen os ollos verdes, 2 son de cor azul, 1 ten os ollos negros e 17 teñen os ollos marróns. Hai unha cor que destaca moito e outra que está soíña. Cales serán?

As fotos ilustran a busca da información.





8 de out. de 2014

Ola familias, que tal estades?

Como podedes ver medramos moito, e non podía ser doutro xeito, xa somos de 1º!

A clase está moi pretiño da nosa do ano pasado e tamén está pintada de bonitas cores.

Traballamos moito e a profe di que nos portamos moi ben.


Un bico para todos.

24 de set. de 2014

Saúdo de 2º

Ola Quintela! Por fin, saúdamos.

Somos a clase de 2º e queremos dicirvos que é xenial volver ao cole.
Coa foto veredes o que medramos.

Un saúdo



19 de set. de 2014

Todos sois mis favoritos

Na clase de Estudo de 2º lemos este fermoso conto. Despois falamos e reflexionamos sobre esas veces nas que sentimos que queren a outros máis que a nós.


Neste conto uns osiños preguntan aos seus papás cal é o favorito, porque pensan que non todos poden selo á vez. O seu papá e a súa mamá, con moita sinxeleza e cariño, explícanlles que cada un é diferente, e cada un é especial e favorito.

2 de xul. de 2014

Contacontos en 1º


A nai de Uxía contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.


A



Contacontos en 1º


A nai de Natalia contounos dous contos na Hora de ler.  Moitas grazas de parte de toda a clase.








1 de xul. de 2014

Contacontos en 1º


O pai de Xulio contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.







As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas