3 de nov. de 2016

INFORMACIÓN XERAL SOBRE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL



¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR  A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?




Cousas importantes que temos que saber

A linguaxe é un dos aspectos fundamentais para desenvolver o noso pensamento e para comprender o mundo que nos rodea 

Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles 

A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.

                                                        ¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?


-         Non empregar palabras infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-         Non empregar chupete xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
-     Non corrixir os erros de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-         Non obsesionarse coas dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.







                                 ¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?


– Dedicando un tempo diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.

Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.  

Realizar xogos lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación de palabras a partir letras, ...

–É moi útil empregar xoguetes de sopro  para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón... 

–Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.

–Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.








29 de out. de 2016

AS CABAZAS DE 1º

OS NENOS E NENAS DE 1º EXPLÍCANNOS AS SÚAS TERRORÍFICAS CABAZAS.

28 de out. de 2016

Educación Vial en Quintela

Durante ás primeiras semanas de este ano estuvemos traballando á educación vial:
Falamos no aula das sinais que coñecíamos
Viu unha persoa da DXT a contarnos moitas cousas e
¡¡¡incuso fixemos un circuito con semáforos, paneis de sinalización e vehículos!!




20 de out. de 2016

Hora de ler en english

Douglas, o auxiliar de conversa en inglés veu onte cun conto moi divertido á clase de primeiro. Tivemos hora de ler.....en inglés!!!!

Hora de ler en english

Douglas, o auxiliar de conversa en inglés veu onte cun conto moi divertido á clase de primeiro. Tivemos hora de ler.....en inglés!!!!

17 de out. de 2016

EDUCACIÓN FÍSICA NA AULA DE 1º

Mirade que ven o pasamos na aula de primeiro traballando o esquema corporal mediante o debuxo das siluetas corporais dos compañeiros e compañeiras. O ximnasio quedou cun decorado un tanto singular...



16 de out. de 2016

Seguridade vial en primeiro

Na última semana de setembro participamos nas xornadas de seguridade vial  organizadas pola Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Local e o Concello de Moaña:

Saúdos da clase de primeiro

Aqui estamos, a clase de primeiro. pronto compartiremos momentos da escola con todos vós.

30 de set. de 2016

A clase de segundo

Moaña, 30 de setembro de 2016

Queridas familias:

Este ano estamos estudando moito.
Esperamos que vos guste esta foto da nosa clase de segundo de primaria.
Ata pronto!

A Clase de Segundo




27 de set. de 2016

EDUCACIÓN FÍSICA AO SOL NA AULA DE 2º

Esta semana, na clase de 2º,  aproveitamos o sol para xogar coas indiacas na pista de fútbol. Pasámolo xenial!




EDUCACIÓN VIAL COA PDI NA AULA TIC'S

Como todos sabedes, estes días estamos a traballar a Educación Vial no cole. Unha das actividades preparadas foi coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) que nos gusta moito...


23 de set. de 2016

PREPARADOS PARA SER CONDUCTORES/AS RESPONSABLES

No cole estamos a traballar sobre a Educación Vial. Imos ter unhas charlas e uns circuítos que nos vai preparar a Xefactura de Tráfico, pero xa estivemos practicando nas aulas e nas sesións de E.F.
Mirade que circuítos chulos fixemos no ximnasio!

 

15 de set. de 2016

A clase de Primeiro

Os nenos e nenas de primeiro empezamos o curso cun conto. Foi "Crictor", de Tomi Ungerer. Crictor é.....unha serpe moi especial. Fixo as delicias de todos nós.

12 de xul. de 2016

Chiquitín va a un castillo

Este é o conto creado na clase de primeiro este curso:

11 de xul. de 2016

"Máis vale tarde que nunca"

Un recordo deste pasado curso...
Moitas apertas e feliz verán!!


21 de xuño de 2016

OLIMPÍADA ESCOLAR NA CATEGORÍA PREBENXAMÍN

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS MOITAS FOTOS QUE SE FIXERON O DÍA DA OLIMPÍADA A CATEGORÍA PREBENXAMÍN.


14 de xuño de 2016

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



13 de xuño de 2016

Excursión ao río Barosa

O pasado xoves tivemos a sorte de visitar todo o colexio o Parque natural do río Barosa no concello de Barro.
Ao longo dese día fixemos diferentes actividades. Primeiro coñecimos o funcionamento dun  muíño e descubrimos que a orixe do ritmo das nosas muiñeiras está no ruido que fan as pedras do muíño ao traballar. Comentáronnos que ese ruído coñécese co nome de "petapouco".
 Despoís observamos como é un forno de leña antigo e os distintos tipos de semente que hai para facer fariña.
Tras un rato de descanso e a merendiña da mañá participamos nun taller de amasado de pan no que o pasamos fenomenal.
Máis tarde comimos á sombra das árbores e logo de descansar un anaco, pasamos a tarde con xogos.
Foi unha excursión divertidísima !!

                 

8 de xuño de 2016

Vídeos do Festival das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os vídeos das actaución que se fixeron no festival das Letras Galegas. Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben!
















7 de xuño de 2016

Aldara gana un premio

Tras a visita á praza de Abastos, os nenos e nenas de 1º e 2º participaron nun concurso de debuxo xunto con outros colexios de Moaña.
Onte pola tarde foi a entrega dos premios.
Aproveitamos tamén para agradecer a merenda tan rica coa que nos agasallaron e o cariño que puxeron nela.
Aquí temos a Aldara, a nosa ganadora.
Felicidades Aldara!! estás feita unha artista.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas